O artigo da comezo cunha introdución do que posteriormente ten como obxectivo tratar. Tras pórnos en situación aos lectores, continúa con catro preguntas que serán clave para entender o que quere transmitir:
Na primeira delas,
o autor pregúntase como é posible que ningún partido político
teña un diagnóstico sobre a situación actual que leva azoutando a
España os derradeiros anos. César Molinas reprocha aos partidos
políticos a falta de actuacións eficaces respecto á crise. A súa
crítica está dirixida a un colectivo formado por todos os partidos
políticos, sen ter en conta as teorías e alternativas dos partidos
minoritarios, de xeito que non establece diferenciación algunha
entre estes partidos e os maioritarios, que estiveron no poder os
últimos anos. Deste modo, converte a primeira pregunta nunha
xeneralización, cabe dicir, non demasiado correcta.
Na segunda pregunta salienta unha palabra clave: planificación. Esta é, tal e como reivindica Molinas, unha acción necesaria á hora de acadar solucións viables. Sen embargo continúa coa xeneralización ao incluir a todos os partidos políticos nun único colectivo, cuestionando a falta de estratexias a longo prazo.
Na terceira pregunta,
aborda a necesidade de pedir perdón. O autor emprega a figura
-probablemente fóra de contexto- do rei como único exemplo do que é
pedir perdón, a raíz dunha serie de acontecementos
recentes.
Finalmente
trata o asunto de máis actualidade: os recortes en educación e
investigación. César Molinas critica as últimas medidas tomadas
polo Goberno, retratadas acertadamente por el como unha masacre cara
á estratexia máis obvia para España.
César
Molinas continúa o seu artigo facendo un repaso pola historia. Fala
dos políticos da Transición, e das decisións que por entón se
tomaron; a saber, a descentralización do Estado, e a imposición do
sistema electoral proporcional. Todo isto, sostén César Molinas,
acarreou unha serie de consecuencias para o estado español como as
Caixas tuteladas por Gobernos autonómicos, ou a politización de
certos ámbitos alleos á política.
Deste
xeito, Molinas volve a referirse á clase política como conxunto,
acuñando por vez primeira o termo de “élite extractiva” como
entidade que se alimenta das burbullas que eles mesmos xeran. É
entón cando introduce e explica os conceptos de burbulla
inmobiliaria, Caixas de Aforro, enerxías renovables e novas
autopistas de peaxe.
Independentemente das críticas á "clase política" por parte do escritor, convén recordas, como xa fixeron moitos outros autores, que o propio César Molinas traballou en Merril Lynch, un dos grandes bancos de inversión que orixinou a crise mundial.
Para
concluír, César Molinas remata cunha predición que xa nos
anticipaba ao comezo. Deste xeito introduce a súa teoría sobre unha variación do sistema electoral como base para establecer un cambio que
aporte solución aos problemas que está a sufrir o país. Esta mudanza consiste es remplazar o actual sistema electoral proporcional
por un maioritario.
O
principal matiz que se debe facer ante este plantexamento é
cuestionar a existencia dun sistema electoral proporcional puro en
España. Como Ignacio
Escolar publicou na súa web en contestación do artigo que
estamos a analizar, é totalmente factible que o cambio axeitado
consista nunha modificación do sistema electoral, pero a diferencia
do que di César Molinas, o cambio non radica en establecer un
sistema electoral maioritario, senón en facer que o sistema actual
sexa realmente proporcional, eliminando por completo todas as
deformacións que impiden o desenvolvemento puro deste tipo de
sistemas, como é o caso concreto da Ley
d'Hondt, que afecta directamente ao noso sistema electoral.
César
Molinas non explica como esta imposición dun sistema electoral
maioritario vai contribuir a un mellor funcionamento do país,
únicamente aboga por unha participación máis activa dos votantes.
Sen embargo o sistema maioritario non é a solución para acadar dito
obxectivo. Como sinalaba Ignacio Escolar, en Reino Unido, pioneiro
neste tipo de sistemas, só hai dous independentes entre 650
diputados, e son os partidos os que deciden quen pode presentarse.
Un
sistema maioritario non faría senón alimentar ese bipartidismo
atroz que impide a pluralidade política, característica
imprescindible para o bo funcionamento de calquera sistema político.
Ben polas novas aportacións que vostede contrapón ás ideas de Molinas e a posible ampliación doutros aspectos como a referencia á Lei d'Hont, que redirixe a Wikipedia.
ResponderEliminarDeixo unha frase do primeiro ministro de Portugal, Pedro Passos Coelho que é realmente significativa, ou aló menos, eso me parece: "Los portugueses han de tener los pies en la tierra. No podemos gobernar para contentar a la gente" (La Voz de Galicia, domingo 16/9/2012, páxina 38).
marotlo