sábado, 29 de septiembre de 2012

#25-S

Tras os acontecementos sucedidos o 25 de setembro en Madrid, baixo o nome "Ocupa el Congreso", realizaremos dende o blogue "PARÁGRAFOS" un análise breve e conciso sobre o acto, os motivos, e as consecuencias derivadas do mesmo.

Que pasou onte (25/9/12) en Madrid?

O pasado 25 de setembro foi celebrada unha concentración ao redor do Congreso, en Madrid, na que os manifestantes tiñan por obxectivo expresar o seu descontento ante a situación actual do país e a actuación por parte dos nosos políticos.

Que papel xogou a policía?

A policía tivo un papel fundamental, pois eran 1.400 os antidisturbios que foron convocados para supervisar a situación. A súa actuación foi indubidablemente excesiva debido á represión que exerceron cara aos manifestantes, a violencia, e a vulneración dos dereitos destes. Posteriormente foron descubertos por diversos medios de comunicación a cantidade de policías infiltrados que acudiron á manifestación con actitude provocadora.

Que papel xogaron os manifestantes?

Os manifestantes, preto de 6.000 segundo os datos da Delegación do Goberno, exerceron o seu dereito a manifestarse a pesares das críticas dalgúns políticos que chegaron a comparar o acto como golpe de estado, e pese ao medo inculcado polo sorprendente número de antidisturbios que non dubidaron en empregar a violencia cara calquera tipo de persoas.

Que papel xogou a clase política? Que pasou no pleno do Congreso?

A clase política actuou, en xeral, con pasividade durante o día.
O pleno celebrouse con normalidade, desenvolvéndose como unha das súas habituais xornadas, especialmente longa, a excepción dalgúns políticos de esquerdas como o BNG, IU, e Compromis que expresaron o seu apoio aos manifestantes. Por outra banda, políticos do PP tacharon a estes de antidemocráticos.
En canto ao número de congresistas que asistiron ao pleno, é este motivo de controversia, sobre todo el redes sociais. Xornais como "El País", informou sobre 50 congresistas na sesión do pasado martes, sen embargo, segundo a páxina do Congreso, isto foi o que aconteceu: 

<<Sometida a votación la toma en consideración de la proposición de ley del Grupo Parlamentario de Unión Progreso y Democracia, orgánica, para prevenir y erradicar la discriminación lingüística y asegurar la libertad de elección de lengua, se rechaza por 5 votos a favor, 307 en contra, más un voto telemático y una abstención. >>

O baile de cifras fala por si mesmo.


Por que foi a concentración. Quen chamou á concentración?

A manifestación celebrouse por unha serie de motivos expresados deste xeito a través da plataforma ¡En pie!:

<<Bajo el nombre "Ocupa el Congreso", entendiéndolo como la ocupación simbólica del espacio de decisión sobre nuestro presente y nuestro futuro, convocamos a la ciudadanía de toda España el día 25 de Septiembre de 2012 a manifestarse rodeando el Congreso de forma indefinida hasta conseguir la dimisión del gobierno actual, la disolución de las Cortes y de la Jefatura del Estado y la apertura de un proceso de transición hacia un nuevo modelo de organización política, social y económica, haciendo de éste, el llamamiento de unión de todas las luchas por una sociedad más justa y democrática.>>

Foi convocada pola xente de a pé a través de todo tipo de redes sociais, trasladándose posteriormente aos medios de comunicación e outros formatos (panfletos, carteis, chamamentos...)


Onde vistedes as noticias?

Fundamentalmente achei as noticias a través da prensa, redes sociais e internet, ademais de testemuñas de primeira man con xente que acudiu á manifestación.


Como valorades esa información recibida?

Valoro positivamente a cantidade de información recibida, moitas delas de primeira man. Considero que un acto tan importante como este debe de ter unha importante repercusión, e o acceso á información sobre todo o acontecido é esencial.

Que lle faltaba a esa información?

Dependendo da liña editorial, o tipo de información variaba considerablemente, como ocorre sempre que falamos de cuestións políticas ou ideolóxicas, sobre todo en actos como manifestacións ou concentracións.

Que consecuencias ou que lectura se pode facer ou entresacamos da concentración / manifestacións?

Os cidadáns están comezando a alzarse para reclamar os dereitos que lles están arrebatando, para esixir unha política eficaz e solidaria.
Nestes últimos anos estamos a ver como o pobo comeza a coller forzas para tomar a riendas, cunha concienciación social en constante aumento.
Por outra parte, a resposta ante estas protestas van dende a pasividade e a indiferencia ata a violencia armada. 
A situación política e social está retrocedendo cara tempos de represión; pero existe unha gran diferencia, e é que desta vez non será tan doado facer calar a unha maioría que se nega a estar en silencio.

Que outras preguntas habería que facerse?

Os medios de comunicación deberían recoller máis testemuñas da xente que acudiu personalmente, o cal abundou nas redes sociais, así como as opinións dos políticos de diversos partidos, tanto maioritarios como minoritarios.
Deberíamos analizar a situación dun xeito escrupuloso: o noso país está a pasar por unha situación moi complicada, e as medidas e solucións que se están tomando non fan senón perxudicarnos. Os cidadáns debemos loitar polos nosos dereitos, pois están sendo pisoteados. Debemos reclamar unha soberanía popular na que o pobo sexa quen teña o poder. A política do medo, a represión e a violencia é parte do pasado, podemos deixar que todo isto se converta no noso presente e o noso futuro?





1 comentario:

  1. "Los portugueses han de tener los pies en la tierra. No podemos gobernar para contentar a la gente", Pedro Passos Coelho, primer ministro de Portual, en La Voz de Galicia, domingo 16 de setpeibmre de 2012, página 38.
    ¿Entón a quen queren contentar?
    maldita documenta...

    ResponderEliminar