jueves, 13 de diciembre de 2012

A calidade da rede

Internet ofrece unha cantidade de información que roza o infinito. Despois de aprender a forma máis correcta de buscar información, chega o momento de saber seleccionala adecuadamente.
Debemos seguir unha serie de pautas que nos levarán a valorar a información que se nos ofrece, pois non toda é fiable e veraz.

Pero evaluar a información que se atopa na rede non é só tarefa para os usuarios que están tras as pantallas do ordenador. Existen na rede evaluadores de contidos electrónicos, sobre todo no ámbito académico, empresarial ou científico. 

Á hora de evaluar un recurso electrónico podemos sinalar unha serie de rasgos xerais que convén ter en conta:
  • AUTORÍA: é o responsable da información que se proporciona.
Deberíamos atopar sempre información sobre o autor. Cando a web non contén información explícita sobre o autor, convén mirar a URL e o domiño. Cando si contamos coa información, é importante que veña acompañana dun currículo ou de datos que nos indiquen que nivel de capacitación pode ter o autor no tema que trata.
É importante tamén comprobar se podemos contactar con el por algún medio.
Valoraremos positivamente, ademais, que o autor aporte unha pequena declaración de intencións sobre a finalidade dos contidos, un logotipo que represente a institución, e unha valoración por parte de organizacións externas.
  • ACTUALIZACIÓN: constancia da actualidade dos contidos ofertados, así como a actualización dos mesmos.
Temos que fixarnos na data de creación do site web, indicada polo xeral no pé da páxina principal.
Debemos ter especial coidado en diferenciar entre a data de creación da información e calquera outra.
Por outra parte, é imprescindible tamén a data de actualización dos contidos; e polo tanto, a presencia de información actual e actualizada.
A actualidade hai que facela extensible aos enlaces hipertexto que contén a páxina. Debe evitarse tamén a existencia de enlaces cegos ou que apuntan a páxinas que mudaron de lugar.
  • CONTIDO: engloba un conxunto de características que tamén debemos analizar.
-Cobertura: amplitude da información (cantidade de información e temas que trata). Debemos analizar como se profundiza nela, se se corresponde co obxectivo que busca, se se adecúa á audiencia...
-Rigor: ligado ás ideas de precisión, exactitude e relevancia.
-Pertinencia: validez e utilidade dos contidos.
-Obxectividade: Debemos observar si fala de feitos ou datos, se a información aparece sesgada e en que sentido, se é posible apreciar a influenza do patrocinador, se as perspectivas diferentes están equilibradas, etc.
  • ACCESIBILIDADE: tipo de acceso que temos ao site web.
Requerimentos de software, rapidez de la conexión e de carga de imaxes, existencia de opcións sen gráficos... 
Por outro bando, tamén debemos ter en conta o acceso restrinxido (con login e contrasinal), a necesidade dun pago previo, a limitación do acceso... Tamén contemplaremos se a páxina web está deseñada para facilitar o acceso a discapacitados de todo tipo.
Un punto é importante é o cumprimento da normativa WAI (Web Accesibility Initiative)
E por último, a posibilidade de mudar a lingua do site web, de realizar unha impresión, e a opción de Axuda.
  • FUNCIONALIDADE: criterio que valora a efectividade do lugar para á hora de usalo.
Isto vese reflectido na existencia dun buscador no propio site web, dun mapa web que organice os contidos,  unha estrutura lóxica dos mesmos, e unha adecuación dos títulos empregados.
  • NAVEGABILIDADE: facilidade coa que podemos acceder a todos os contidos.
A presencia dun menú de contidos sempre visible, así como botones de navegación que permitan ao usuario percorrer o lugar.
Hai que comprobar que a información estea ben organizada (incluíndo todos os elementos), 
que resulte doado moverse por ela e volver atrás en calquera momento, que os elementos de navegación sexan intuitivos e non arbitrarios, etc.
  • DESEÑO: o aspecto físico.
O fondo de pantalla e a fonte (tipo, cor e tamaño) con que se escribe son básicos e inflúen na lexibilidade. Hai que comprobar que o formato sexa apropiado ao obxectivo da páxina.
Destacaremos tamén a homoxeneidade do formato e das páxinas do sitio web.


FONTES:


Calderón Rehecho, Andoni. "La evaluación de páginas web"[en liña].ucm.es, 2006, <http://www.ucm.es/BUCM/alfinbuc/doc16731.pdf> [Consulta: 13 de decembro de 2012]


Pinto, María. "Proyecto ALFin - EEES", [en liña].mariapinto.es,2010, <http://www.mariapinto.es/alfineees/evaluar/como.htm> [Consulta 13 de decembro de 2012]

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Rastreando información

Saber como e onde buscar información é un requisito imprescindíbel para ampliar os nosos coñecementos. Para isto, existen unha serie de criterios que rixen unha efectiva busca de información nun formato tan rico e amplo como é internet. Hoxe falaremos destes criterios e profundizaremos en como acceder á información a través de internet.

Podemos clasificar a busca de información en dous categorías:
  • BUSCA SINXELA: empregar palabras clave.
  • BUSCA AVANZADA proporciona distintas opcións para realizar buscas máis precisas:
    • Posibilidade de combinar palabras claves empregando os operadores lóxicos ou   booleanos (and, or, not)
    • Operadores de proximidade (nearadj)
    • Posibilidade   de bsca de frases exactas
    • Truncamento
    • Busca  por campos (título, url, contido, enlaces), por idioma, por datas, por dominio. 
    • Busca de documentos nun determinado formato (pdf, doc, ppt, xls...)
    • Busca de imaxes, de arquivos de audio e vídeo, de noticias, etc.
Algunhas fontes de información convencionais, como poden ser bibliotecas ou catálogos, atópanse hoxe en día recollidas nun mundo virtual de acceso libre para todos: bibliotecas nacionais e internacionais, catálogos xerais (desenvolvidos pola propia biblioteca) e colectivos (cooperan diversas bibliotecas), e centros de documentación que, nalgúns casos, contan coas súas propias bases de datos.

Para levar a cabo a busca de información, como diciamos ao comezo, debemos ter en conta unha serie de criterios.
O primeiro paso e seleccionar as ferramentas de busca en base a:
  • Cobertura temática.
  • Cobertura xeográfica.
  • Idioma.
  • Cobertura retrospectiva.
  • Existencia de vocabulario controlado
  • Disponibilidade de tesauro, listado de palabras clave.
  • Coste de la búsqueda.
  • Coñecemento do programa de interrogación.
  • Posibilidade  de acceder ao documento primario.
  • Disponibilidade  y accesibilidade das bases de datos.
  • Datos que proporcionan os rexistros bibliográficos.
  • Prestixio do produtor
Tras seleccionar o concepto da busca e traducilo a termos do sistema levamos a cabo a nosa busca, que pode desembocar en diversos tipos de resultados que teremos que analizar e evaluar. No caso de obter poucos resultados:
  • Eliminar conceptos
  • Buscar sinónimos
  • Empregar truncamentos
  • Usar palabras claves
  • Buscar en todos os campos
  • Diminuir os operadores de intersección, negación, limitación ou comparación
  • Usar mecanismos de busca da web invisible (aquela que non está presente nos buscadores convencionais)
  • Consultar a especialistas
No caso contrario, se obtemos moitos resultados:
  • Aumentar o emprego de booleanos
  • Engadir operadores de proximidade
  • Eliminar truncamento
  • Eliminar palabras claves
  • Empregar descritores
  • Buscar en campos específicos
  • Usar buscadores con opcións avanzadas
  • Usar directorios anotados ou guías
Por outra parte, debemos mencionar as bases de datos especializadas, que nos permiten atopar información especializada nunha área concreta. Existen tres grandes bases de datos que predominan sobre as demais, tanto por contar cunha gran cantidade e diversidade de información, como por estar altamente especializadas e ter alto prestixio:

Por último, no asunto de busca de información, e de obrigada mención o buscador Google.
Google, así como outros buscadores, colabora con algunhas bases de datos importantes, como:
  1. OPen worldCat: colaboración de Google e Yahoo.
  2. CrossRef search: colaboración con editores de revistas académicas electrónicas.
FONTES:

Pinto, María. "Proyecto ALFin - EEES", [en liña].mariapinto.es,2010, <http://www.mariapinto.es/alfineees/buscar/como.htm> [Consulta 5 de decembro de 2012]

UC Universidad de Cantabria. "La búsqueda de información",[en liña].ocw.unican.es, 2007, <http://ocw.unican.es/historico-de-cursos/como-buscar-informacion-en-fisica-y-matematicas/teoria/capi4.pdf> [Consulta 5 de decembro de 2012]