jueves, 13 de diciembre de 2012

A calidade da rede

Internet ofrece unha cantidade de información que roza o infinito. Despois de aprender a forma máis correcta de buscar información, chega o momento de saber seleccionala adecuadamente.
Debemos seguir unha serie de pautas que nos levarán a valorar a información que se nos ofrece, pois non toda é fiable e veraz.

Pero evaluar a información que se atopa na rede non é só tarefa para os usuarios que están tras as pantallas do ordenador. Existen na rede evaluadores de contidos electrónicos, sobre todo no ámbito académico, empresarial ou científico. 

Á hora de evaluar un recurso electrónico podemos sinalar unha serie de rasgos xerais que convén ter en conta:
  • AUTORÍA: é o responsable da información que se proporciona.
Deberíamos atopar sempre información sobre o autor. Cando a web non contén información explícita sobre o autor, convén mirar a URL e o domiño. Cando si contamos coa información, é importante que veña acompañana dun currículo ou de datos que nos indiquen que nivel de capacitación pode ter o autor no tema que trata.
É importante tamén comprobar se podemos contactar con el por algún medio.
Valoraremos positivamente, ademais, que o autor aporte unha pequena declaración de intencións sobre a finalidade dos contidos, un logotipo que represente a institución, e unha valoración por parte de organizacións externas.
  • ACTUALIZACIÓN: constancia da actualidade dos contidos ofertados, así como a actualización dos mesmos.
Temos que fixarnos na data de creación do site web, indicada polo xeral no pé da páxina principal.
Debemos ter especial coidado en diferenciar entre a data de creación da información e calquera outra.
Por outra parte, é imprescindible tamén a data de actualización dos contidos; e polo tanto, a presencia de información actual e actualizada.
A actualidade hai que facela extensible aos enlaces hipertexto que contén a páxina. Debe evitarse tamén a existencia de enlaces cegos ou que apuntan a páxinas que mudaron de lugar.
  • CONTIDO: engloba un conxunto de características que tamén debemos analizar.
-Cobertura: amplitude da información (cantidade de información e temas que trata). Debemos analizar como se profundiza nela, se se corresponde co obxectivo que busca, se se adecúa á audiencia...
-Rigor: ligado ás ideas de precisión, exactitude e relevancia.
-Pertinencia: validez e utilidade dos contidos.
-Obxectividade: Debemos observar si fala de feitos ou datos, se a información aparece sesgada e en que sentido, se é posible apreciar a influenza do patrocinador, se as perspectivas diferentes están equilibradas, etc.
  • ACCESIBILIDADE: tipo de acceso que temos ao site web.
Requerimentos de software, rapidez de la conexión e de carga de imaxes, existencia de opcións sen gráficos... 
Por outro bando, tamén debemos ter en conta o acceso restrinxido (con login e contrasinal), a necesidade dun pago previo, a limitación do acceso... Tamén contemplaremos se a páxina web está deseñada para facilitar o acceso a discapacitados de todo tipo.
Un punto é importante é o cumprimento da normativa WAI (Web Accesibility Initiative)
E por último, a posibilidade de mudar a lingua do site web, de realizar unha impresión, e a opción de Axuda.
  • FUNCIONALIDADE: criterio que valora a efectividade do lugar para á hora de usalo.
Isto vese reflectido na existencia dun buscador no propio site web, dun mapa web que organice os contidos,  unha estrutura lóxica dos mesmos, e unha adecuación dos títulos empregados.
  • NAVEGABILIDADE: facilidade coa que podemos acceder a todos os contidos.
A presencia dun menú de contidos sempre visible, así como botones de navegación que permitan ao usuario percorrer o lugar.
Hai que comprobar que a información estea ben organizada (incluíndo todos os elementos), 
que resulte doado moverse por ela e volver atrás en calquera momento, que os elementos de navegación sexan intuitivos e non arbitrarios, etc.
  • DESEÑO: o aspecto físico.
O fondo de pantalla e a fonte (tipo, cor e tamaño) con que se escribe son básicos e inflúen na lexibilidade. Hai que comprobar que o formato sexa apropiado ao obxectivo da páxina.
Destacaremos tamén a homoxeneidade do formato e das páxinas do sitio web.


FONTES:


Calderón Rehecho, Andoni. "La evaluación de páginas web"[en liña].ucm.es, 2006, <http://www.ucm.es/BUCM/alfinbuc/doc16731.pdf> [Consulta: 13 de decembro de 2012]


Pinto, María. "Proyecto ALFin - EEES", [en liña].mariapinto.es,2010, <http://www.mariapinto.es/alfineees/evaluar/como.htm> [Consulta 13 de decembro de 2012]

No hay comentarios:

Publicar un comentario