Saber como e onde buscar información é un requisito imprescindíbel para ampliar os nosos coñecementos. Para isto, existen unha serie de criterios que rixen unha efectiva busca de información nun formato tan rico e amplo como é internet. Hoxe falaremos destes criterios e profundizaremos en como acceder á información a través de internet.
Podemos clasificar a busca de información en dous categorías:
- BUSCA SINXELA: empregar palabras clave.
- BUSCA AVANZADA: proporciona distintas opcións para realizar buscas máis precisas:
- Posibilidade de combinar palabras claves empregando os operadores lóxicos ou booleanos (and, or, not)
- Operadores de proximidade (near, adj)
- Posibilidade de bsca de frases exactas
- Truncamento
- Busca por campos (título, url, contido, enlaces), por idioma, por datas, por dominio.
- Busca de documentos nun determinado formato (pdf, doc, ppt, xls...)
- Busca de imaxes, de arquivos de audio e vídeo, de noticias, etc.
Algunhas
fontes de información convencionais, como poden ser bibliotecas ou
catálogos, atópanse hoxe en día recollidas nun mundo virtual de
acceso libre para todos: bibliotecas nacionais e internacionais, catálogos xerais (desenvolvidos pola propia biblioteca) e colectivos (cooperan diversas bibliotecas), e centros de documentación que, nalgúns casos, contan coas súas propias bases de datos.
Para levar a cabo a busca de información, como diciamos ao comezo, debemos ter en conta unha serie de criterios.
O primeiro paso e seleccionar as ferramentas de busca en base a:
- Cobertura temática.
- Cobertura xeográfica.
- Idioma.
- Cobertura retrospectiva.
- Existencia de vocabulario controlado
- Disponibilidade de tesauro, listado de palabras clave.
- Coste de la búsqueda.
- Coñecemento do programa de interrogación.
- Posibilidade de acceder ao documento primario.
- Disponibilidade y accesibilidade das bases de datos.
- Datos que proporcionan os rexistros bibliográficos.
- Prestixio do produtor
Tras seleccionar o concepto da busca e traducilo a termos do sistema levamos a cabo a nosa busca, que pode desembocar en diversos tipos de resultados que teremos que analizar e evaluar. No caso de obter poucos resultados:
- Eliminar conceptos
- Buscar sinónimos
- Empregar truncamentos
- Usar palabras claves
- Buscar en todos os campos
- Diminuir os operadores de intersección, negación, limitación ou comparación
- Usar mecanismos de busca da web invisible (aquela que non está presente nos buscadores convencionais)
- Consultar a especialistas
No caso contrario, se obtemos moitos resultados:
- Aumentar o emprego de booleanos
- Engadir operadores de proximidade
- Eliminar truncamento
- Eliminar palabras claves
- Empregar descritores
- Buscar en campos específicos
- Usar buscadores con opcións avanzadas
- Usar directorios anotados ou guías
Por outra parte, debemos mencionar as bases de datos especializadas, que nos permiten atopar información especializada nunha área concreta. Existen tres grandes bases de datos que predominan sobre as demais, tanto por contar cunha gran cantidade e diversidade de información, como por estar altamente especializadas e ter alto prestixio:
Por último, no asunto de busca de información, e de obrigada mención o buscador Google.
Google, así como outros buscadores, colabora con algunhas bases de datos importantes, como:
- OPen worldCat: colaboración de Google e Yahoo.
- CrossRef search: colaboración con editores de revistas académicas electrónicas.
FONTES:
Pinto, María. "Proyecto ALFin - EEES", [en liña].mariapinto.es,2010, <http://www.mariapinto.es/alfineees/buscar/como.htm> [Consulta 5 de decembro de 2012]
UC Universidad de Cantabria. "La búsqueda de información",[en liña].ocw.unican.es, 2007, <http://ocw.unican.es/historico-de-cursos/como-buscar-informacion-en-fisica-y-matematicas/teoria/capi4.pdf> [Consulta 5 de decembro de 2012]
No hay comentarios:
Publicar un comentario