WEB 2.0:
É un tipo de web colaborativa e social que mestura diversas tecnoloxías asociadas:
DHTML (CSS máis JavaScript)
As orixes desta web, nas que os usuarios convértense en contribuidores e participantes activos, está en Dale Dougherty de O’Reilly Media, quen acuñou o nome de 2.0 como suxerencia dunha renovación do que ata entón coñecíamos.
Isto supuxo a creación dunha web onde a palabra colectividade cobre protagonismo. Trátase de interactuar, de crear espazos tanto de ocio e diversión como outros especializados e máis profesionais.
Imos falar a continuación dos espazos que abarcan este tipo de web 2.0 (enlazo información para entender en que consiste cada un deles)
- Páxinas P2P, redes sociais, blogger, wikis, bitácoras, RSS...
- Digg: Os usuarios aportan información e seleccionan noticias que concitan moitos lectores. Permite compartir información sobre todo tipo de xéneros, combinando marcadores sociais, blogging e sindicación.
- Mashups: Resultado de combinar contenidos dunha serie de páxinas web, de xeito que nos permite acceder a unha gran variedade de contidos. Marumushi e projects maps
- API
- Streaming: Permítenos visualizar arquivos audiovisuais mentres se descargan.
- Sindicación de contidos (RSS): Emprégase para compartir contido na web. Permite difundir información actualizada a usuarios que subscribíronse a fonte de contidos.
- Podcasting: un podcast é un arquivo sonoro a disposición do público que se atopa na rede e que garda contido que o usuario pode descargar e acceder a el sempre que o desexe.
- Crowdsourcing
- Folksonomía: Trátase dun conxunto de etiquetas cuxa función consiste en clasificar contidos nun entorno de software social.
WEB 3.0:
O nome de web 3.0 apareceu por vez primeira nun artigo de Jeffrey Zeldman, crítico da web 2.0, e emprégase para facer referencia ás melloras logradas nos últimos anos.
A web 3.0, efectivamente, conta con numerosas vantaxes respecto á súa antecesora, a web 2.0. Algunhas das súas características son as seguintes:
- Movilidade, aplicacións que funcionan independentemente do dispositivo.
- Web semántica
- Abolición de barreiras idiomáticas
- Intelixencia artificial
- Tempo real
- 3D
- Representación con avatares
- Xogos integrados
- Fluxo de todos os medios
- Mundos Virtuais
A raiz do desenvolvemento desta nova web, surxiu o concepto de web semántica.
Trátase de redirixir, por medio de enlaces, cara novas informacións que complementen os coñecementos que se pretenden divulgar, poñendo en práctica novos métodos de intelixencia artificial. En conclusión, a web semántica permite ampliar información e coñecemento, ofrecendo respostas a todas as preguntas.
Trátase de redirixir, por medio de enlaces, cara novas informacións que complementen os coñecementos que se pretenden divulgar, poñendo en práctica novos métodos de intelixencia artificial. En conclusión, a web semántica permite ampliar información e coñecemento, ofrecendo respostas a todas as preguntas.
Por último, compre mencionar, como constituínte desta nova e revolucionaria web semántica, á noticia hipertextual. É, como xa mencionamos, unha forma de redirixir ao usuario cara novas informacións que complementen á adquirida previamente. Este tipo de noticias hipertextuais son unha constante no xornalismo dixital.
O hipertexto é a estructura de creación de contidos. O hipertexto implica a asociació, a vinculación, a relación de textos, independementemente do soporte, para configurar unha rede de coñecemento.
ResponderEliminarNodo máis enlace son os eixos sobre os que se asenta a concepción hipertextual.
As noticias constrúense partindo de esa arquitectura.
maldita documenta...