viernes, 12 de octubre de 2012

Historia da Documentación

En que pensamos cando escoitamos as palabras "Libro universal do saber"?
O obxectivo de Paul Otlet e Henri La Fontaine era contabilizar día a día o traballo intelectual dos dous mundos, polo que puxeron este proxecto en marcha fundando en Bruselas o Instituto Internacional de Bibliografía. 
Máis dun siglo despois, esta iniciativa é considerada como producto dunha mente visionaria, para todo especialista das ciencias da información.
Pouco antes da Primeira Guerra Mundial, este proxecto constituído por mentes visionarias, produce xa un repertorio bibliográfico e iconográfico universal, un catálogo central de bibliotecas, arquivos documentais internacionais, e establece unha Biblioteca Internacional e un Museo Internacional de métodos documentais. 
Isto supuxo, á súa vez, á creación da Oficina Internacional de Bibliografía. Xunto co que se denominaría o Repertorio Bibliográfico Universal, seguíase un estricto funcionamento que harmonizaría toda a información:


Tras anos de evolución e un desenvolvemento continuo, o Instituto cobra novos significados, empapándose da influenza da intuición política e buscando «Facer do mundo unha soa cidade, e de todos os pobos unha soa familia». Deste xeito, Paul Otlet lanza un novo proxecto: A Sociedade Intelectual de Nacións. Xunto co experto en psicología social Gabriel Tarde, apoian a teoría de que un novo público, moderno e unificado consolidouse durante o século XIX gracias á velocidade dos fluxos de información e comunicación, ao marxe de clases, clanes, élites etc. Gabriel Tarde ademais, e a diferenza de expertos como Herberr Spencer e Émile Durkheim, ten total convicción en que o cerebro é o analogon da sociedade moderna. Afirma que os  sistemas sociais seguen unha traxectoria na que a unificación do múltiple é gradual e a diferenza segue sendo o alfa e o omega do Universo.
Todo isto significou un paso fundamental e decisivo na historia da documentación: Outlet é o creador da idea de red de redes.



Definición de documentación, por Paul Otlet: Proceso que permite reunir, clasificar e difundir documentos de toda índole relativos a calquera sector do coñecemento. 

Fontes:

  • MATTELARD, Armand: Historia de la sociedad de la información. Nueva ediciónrevisada y ampliada, Barcelona, Paidós, 2007.

No hay comentarios:

Publicar un comentario