RESUMO
O
presente traballo ten como obxectivo facer unha pequena investigación
que afonde no mundo da documentación informativa. Deste xeito,
estudiaráse da forma máis clara e concisa posible puntos
fundamentais para entender todos os aspectos relacionados coa
documentación, como son conceptos, funcións, características,
orixe, evolución e relación respecto aos medios de comunicación na
actualidade.
PALABRAS
CLAVE
Documentación,
xornalismo, información, intercambio, selección, análise,
organización, recuperación, búsqueda.
INTRODUCIÓN
A
finais do século XIX nace a ciencia da documentación. Durante esta
década, prodúcese
un incremento das Academias científicas, aparición de revistas de
carácter científico e artístico e de divulgación, aumento do
número de xornais, invención da fotografía e do cinematógrafo,
así como o telégrafo e a radiodifusión, que propician o comezo da
globalización. Todo isto implica
un aumento considerable da información á que os cidadáns teñen
acceso, polo que a documentación se presenta como método para
organizar a súa organización e circulación. É,
polo
tanto,
unha ciencia informativa de carácter social cunha función mediadora
entre o creador da información e o seu
receptor.
Poderíamos
engadir que a documentación é, ademais, un xeito de atopar
información; de poder buscar, clasificar, ordenar, xenerar e
recuperar información de utilidade.
A
documentación informativa sufriu unha clara evolución que foi
mudando o xeito de documentarse e incluso o propio concepto da mesma.
Hoxe
en día existe unha gran variedade de soportes a través dos cales
poder documentarse: medios visuais, medios impresos, sonoros... A
hexemonía de internet foi un dos acontecementos clave na busca de
información. A cantidade de información á que temos acceso é tan
grande que a dificultade atópase, na actualidade, en saber
seleccionala adecuadamente.
Documentarse
é imprescindible para acceder a diversos coñecementos que nos
permiten estar informados, o cal é fundamental para as persoas.
Sen
embargo, no eido xornalístico esta tarefa é, se cabe, máis
importante. É necesario que os xornalistas estean ben informados, xa
que esa información é a que van transmitir aos cidadáns. Para
estar ben informado, o acceso a documentos que permitan contrastar
feitos e fontes, é imprescindible. Ademais, o poder documentarse a
través da recuperación e o coñecemento de novas informacións é o
xeito de enriquecer o que posteriormente se comunicará.
Podemos
obter información de diversos xeitos:
- Arquivos: atoparemos documentos administrativos empregados xeralmente para inventarios. Os arquivos teñen como funcións conservar a memoria histórica dunha persoa ou dunha organización.
- Bibliotecas: nelas podemos atopar documentos bibliográficos e fondos de carácter xeral que serán de utilidade para catálogos. As bibliotecas facilitan o acceso a recursos culturais e informativos a toda unha colectividade.
- Centros de documentación: que ofrecen documentos bibliográficos e fondos especializados, empregados posteriormente para a construción de bases de datos. Funcionan para recompilar información dunha materia específica que sexa útil para un segmento específico de usuarios. Son unidades de información que se dedica á análise ou descrición do contido dos documentos e a difusión da información
CONCEPTO
A
construción de concepto de documentación é un proceso complexo que
se desenvolve de xeito paralelo á evolución práctica, profesional
e tecnolóxica deste campo.
A
documentación é unha ciencia cun enorme ámbito de aplicación e
extensión, pois abarca todo tipo de documentos e soportes.
No
ámbito da documentación, empréganse procesos de selección de
materiais, organización, catalogación, e análise de contido.
Por unha banda, cómpre definir o concepto de Ciencia da Documentación, tarefa que desenvolven, entre outros, os seguintes autores:
Por unha banda, cómpre definir o concepto de Ciencia da Documentación, tarefa que desenvolven, entre outros, os seguintes autores:
O profesor
López Yepes, xunto a Juan Ros consideran varios
aspectos desta disciplina como
fundamentais. “Documentación pode entenderse como conxunto das disciplinas (Ciencias da Documentación) relacionadas co estudo do documento, como fonte de información para obter nova información ou unha toma de decisións, disciplinas...
ou, se se prefire, o estudo dos procedementos netamente informativos subseguintes ao
tratamento técnico dos documentos para a eficaz difusión dos mensaxes en os
contidos”
O
profesor Izquierdo,
un dos que máis traballou xunto con
Sagredo na recopilación de definicións sobre Documentación,
considera que é importante dar un valor auténtico aos propios
documentos: conservar e transmitir os seus contidos.
E pola outra banda, existen outros expertos que se centran en definir con precisión o termo Documentación Informativa:
María
Eulàlia Fuentes (1997,
87), define amplamente este concepto. "O nome xenérico que se
emprega para designar a disciplina que se ocupa de aplicar a teoría,
os métodos e as técnicas documentais á investigación da
comunicación de masas e ás distintas ciencias da comunicación,
Xornalismo-documentacón xornalística e documentación audiovisual;
Comunicación audiovisual-documentación audiovisual;
Publicidade-documentación publicitaria; Relaciones
Públicas-documentación das relacións públicas, coa finalidade de
facer máis manexable e accesible a información (independentemente
do seu soporte), xerada polos distintos medios de comunicación
social -prensa, radio e televisión-, e tamén a xerada polo quefacer
publicitario, ou o exercicio das relacións públicas, de crear novas
informacións."
Ángeles
López Hernández, na súa obra "La documentación,
herramienta básica del periodista y el comunicador" afirma o
seguinte:
Hernández López, Ángeles. «La documentación, herramienta básica del periodista y el comunicador.» [en liña].us.es, 2000. <http://grupo.us.es/grehcco/ambito05/hernandez.pdf>: "Documentación ensina a clasificar, organizar, resumir
e extraer as palabras claves (indización) dos mensaxes de forma
eficiente e útil, facilitando e axilizando a recuperación das
informacións no momento preciso, cando son necesarias para o
desenvolvemento do traballo."
Antonio
García Gutiérrez tamén define o concepto de documentación
informativa:
García
Gutiérrez, Antonio (ed.): Introducción a la Documentación
Informativa y Periodística, Sevilla, Editorial Mad, S. L., 1999.
"Documentación es procedemento e ferramenta que axuda a
comprender e ordenar o caos cognitivo xurdido a partir do crecemento
exponencial da información tecnocentífica no entorno da revolución
industrial do século XIX. Uso de criterios científicos de
organización e circulación."
Pérez
Alarcón,
no seu libro "La documentació a l'era de la informació"
afirma que:
Pérez Alarcón, Adoració (coord.): La documentació a l’era de la informació, Barcelona, Edicions de la Universitat Oberta de Catalunya, 1998. "Documentación é unha disciplina que se ocupa basicamente de aplicar unha chea de técnicas que permiten estruturar e organizar os documentos en chamados sistemas de información. Só así será posible a recuperación e localización dos documentos, da información".
Pérez Alarcón, Adoració (coord.): La documentació a l’era de la informació, Barcelona, Edicions de la Universitat Oberta de Catalunya, 1998. "Documentación é unha disciplina que se ocupa basicamente de aplicar unha chea de técnicas que permiten estruturar e organizar os documentos en chamados sistemas de información. Só así será posible a recuperación e localización dos documentos, da información".
Na
obra "Manual de documentación para la comunicación",
Miguel Moreno Gallo
afirma que
Moreno
Gallo, Miguel Ángel: Manual
de documentación para la comunicación,
Burgos, Servicio de Publicaciones e Imagen Institucional Universidad
de Burgos, 2009."Documentación non é só xestión de arquivos,
é valoración e aportación de datos, análises e opinións".
ORIXE
Os cimentos da
documentación son as ideas e os conceptos que o home foi capaz de
representar ao longo da historia en moi diversos materiais. Así
pois, son documentos as obras de arte, a bibliografía xeral e
especializada e calquera expresión humana que foi sometida a un
proceso de inxenio, estudo, investigación, etc.
Polo tanto, a
documentación é herdeira do proceso intelectual, aportando
elementos lexibles, abstraíbles e asimilables dunha realidade
elaborada ou non.
A documentación
é, en esencia, a suma daquelas ideas que representan parcelas da
realidade. Este concepto foi descuberto por Paul Otlet e Henri La
Fontaine, principais responsables da biblioteconomía e documentación
moderna, coa fundación en Bruselas do Instituto Internacional de
Bibliografía en 1895.
O proceso de
documentación consolidaráse posteriormente coa labor de
investigadores como os ingleses Brian Campbell Wickery e Samuel
Clement Bradford, ou o alemán Ernst Hermann Ericj Piestsch.
PRINCIPIOS
Tal e como apunta o profesor Félix del Valle Gastaminza, da Universidade Complutense de Madrid (UCM), podemos
clasificar os principios da documentación informativa, básicamente en dous:
Principios
teleolóxicos:
Marcados polos obxectivos fundamentais da información xornalística.
- Principio verificativo: causa orixinaria fundamental da actividade documental xornalística.
- Principio explicativo: causa final específica da actividade documental xornalística.
- Principio editorial: constitúe unha perspectiva subxetiva das anteriores e reúne dous dimensións: a ideolóxica (línea editorial do medio) e a formal.
Principios
formais e circunstanciais:
A razón de ser da documentación está no seu posterior uso, polo
que é necesario determinar o emprego futuro das fontes.
- Principio de perdurabilidade: razón formal da actividade documental xornalística, que tende a fixar a utilidade futura e o grao de permanencia de textos e referencias.
- Principio de adecuación funcional: regla metodolóxica na actividade documental xornalística, pola que esta se orienta ao tratamento específico que precisa cada tarefa e medio documental, dacordo coa súa natureza e a función que realiza.
- Principio limitativo: supón o conxunto de circunstancias reais da actividade documental xornalística, que limitan o seu exercicio: localización, ámbito de difusión, tipo de publicación, periodicidade...
CARACTERÍSTICAS
DA INFORMACIÓN DE ACTUALIDADE
A información
de actualidade non está formada por feitos puntuais, acontecementos
independentes que non gardan relación entre si. Un conxunto de causas e efectos derivados de actividades políticas, económicas,
sociais e culturais constitúen a información de cada día. As
noticias teñen, polo tanto, antecedentes e consecuencias. Unhas
noticias relaciónanse entre elas, e dunhas derivan outras. Polo
tanto, a función dos medios de información consiste, entre outras
moitas, en ofrecer ao receptor información documentada, na que cada
noticia poda ser vista en función das súas relacións coa
información actual.
A información
documentada debe ser investigada e explicada, pero atópase
a miudo con obstáculos como a premura de tempo característica dos
medios de comunicación, o exceso de fontes documentais e a
sobrecarga de información que dificulta esa selección necesaria da
información á que temos acceso.
FUNCIÓNS
E FINALIDADES
Galdón
establece catro funcións moi claras e concisas:
- Función comprobatoria o verificativa: comprobar a exactitude dos feitos e a corrección de nome e identificacións.
- Función preparatoria: suministro de documentación previo ao informador.
- Función completiva: non se limita a suministrar datos de xeito escueto e inconexo, senón que procura explicar causas e consecuencias.
- Función orientadora: suministrar ao medio datos, citas resúmenes, opinións, análises, e ideas ao servizo do seu laborar específica, para facer realidade os principios editoriais da empresa.
Por
outra parte, segundo Paul Otlet, os fins da documentación baséanse
en:
- Analizar e ordenar todos os documentos adquiridos para recuperar todos os documentos.
- Xenerar documentos secundarios, como as bibliografías .
- Conservar todo o pensamento humano .
- Realizar o proceso con rapidez.
A
finalidade da documentación radica en proporcionar información
seleccionada no menor tempo posible. A
experta Josefa Sabor sinala que “o ciclo da documentación é
identificar, organizar e arquivar a información para pasar de aí ao
da súa transformación, síntese e difusión. En suma, a
documentación ten unha función activa, entregar ao investigador o
material que require e organizalo”.
CENTRO
DE DOCUMENTACIÓN DUN MEDIO
O proceso de
documentación nun medio ten unha serie de funcións, características
e fins.
Os medios de
comunicación poder considerarse, ademais de receptores, produtores
de información, polo que deben levar a cabo a xestión da
información, e o servicio de documentación. Para evitar a
repetición, é necesaria unha boa estruturación e uns sólidos
criterios de ordenación e clasificación da información. Os medios
de comunicación, ademais, han de poseer rapidez na resposta ante a
demanda de información; e debe propoñerse unhas etapas de vixencia
legal-administrativa dos documentos.
Debe terse en
conta tamén a diversificación de usuarios aos que se dirixen.
No referido ás
súas funcións, o profesor Félix del Valle Gastaminza (UCM), destaca as seguintes:
Verificación
da exactitude da información e correción de datos: problemas
ortográficos, dúbidas idiomáticas, precisión nas datas e
exactitude nos termos das declaracións, tratados e discursos.
Contextualización,
é
dicir,
emprego de datos complexos, cronoloxías, dossieres temáticos, etc.
capaces de apoiar a información que serven como complemento,
interpretación, síntesis ou comentario.
Apoio
visual da información
con fotografías,
gráficos, infografía, mapas... No caso da documentación en
televisión, o emprego de planos de recurso.
Actuar
como memoria
dinámica
da propia empresa informativa, formando un importante soporte da liña
editorial do medio.
Investigación:
preparar e editar o seu propio material ou redactar materiais que
dará o medio: cronoloxías, biografías de personaxes, etc.
Por
outra parte, os fins
do proceso documental poden resumirse en:
Facilitar
a recuperación e uso dos documentos polos usuarios, e
Garantir
a súa conservación.
MAPA CONCEPTUAL
A continuación engado un mapa conceptual que resume os puntos básicos derivados do estudo realizado.
FONTES:
- Galdón López, Gabriel (coord.): Teoría y práctica de la documentación informativa, Barcelona, Ariel comunicación, 2002.
- Ros-Martín, Marcos. «El Documentalista Enredado» [en liña] .documentalistaenredado.net, 2012. ENLACE
- Valle Gastaminza, Félix del. «La documentación en la empresa informativa» [en liña] .ucm.es, 2002. ENLACE
- Blázquez Ochando, Manuel. «Historia de la ciencia de la documentación» [en liña].blogspot.com.es, 2008. ENLACE
- Universidad San Jorge. «Documentación informativa» [en liña].scribd.com , 2007. ENLACE
- Cabrera Méndez, Macarena -Universidad Politécnica de Valencia- «Introducción a la documentación informativa» [en liña].upv.es, 2010. ENLACE
Bó esforzo, claro e amplo. Aínda que presenta algúns puntos de confusión. O traballo centrábase na documentación informativa, e todos os autores que cita no apartado de concepto, refírense a Ciencia da Documentación. Non hai case ningunha referencia á definición de documentación informativa, e sí hai conceptualizacións. Ademais as citas non están correctamente feitas. os títulos non se inclúen, para eso está o nome, ano e páxina da referncia bibliográfica. Nos principios, non hai fontes, tampouco nas funcións dos centros de documentación.
ResponderEliminarAs fontes dixitais non están correctamente referenciadas. hai que ser moi coidados e precisos coas fontes documentales, citar ben e referenciar ben.
O mapa conceptual non recolle por completo as ideas expostas.
Tomo nota dos erros e tentarei corrixilos canto antes.
ResponderEliminarGrazas.