O
pasado xoves oito de novembro, un grupo de persoas da facultade de
Ciencias da Comunicación, da USC (Universidad de Santiago deCompostela), fixemos unha visita especial, cun motivo moi especial.
O
destino era a Televisión de Galicia, e a razón baseábase en
coñecer o traballo de documentación que alí se desempeña.
O
obxectivo cumpliuse con creces: coñecer os métodos de taballo,
soportes, técnicas e tecnoloxías, procedementos, ritmo, etc.
A
través da nosa guía, María Jesús López Elvira (que, cómpre
dicilo, realizou unha tarefa amena na que explicou de forma clara e
concisa os contidos precisos), levamos a cabo un percorrido completo
no que se nos permitiu coñecer de preto todo o relacionado coa
documentación informativa na TVG.
O
acceso aos lugares de almacenaxe de todo o material, así como aos
arquivos que alí se gardaban foi sen dúbida unha experiencia
enriquecedora.
Foi
interesante tamén comprobar en primeira persoa a evolución respecto
ao almacenamento e aos diferentes soportes dos arquivos.
Por
outra parte, o traballo dos documentalistas é parte esencial do
proceso. Todo o que se atopa tras as cámaras, a conservación de
arquivos que se emiten dende fai décadas é unha tarefa complexa e
minuciosa, que require de gran habilidade. As tecnoloxías empregadas
resultan lixeiramente anticuadas dende unha perspectiva na que as
novas tecnoloxías están presentes en cada momento, polo que o
manexo destas require probablemente dunha destreza especial.
Coñecer
o funcionamento daquelo que non vemos a simple vista resulta
fascinante. Saber que todo o que estamos a ver cada día, todo o que
sucede no mundo quedará gardado para a posteridade, e que sempre
poderemos acceder a elo, é un dos maiores tesouros que temos a sorte
de poseer.
Ben por deixar constancia do que supuxo da visita. Tratábase de ver en persoa o que determina o traballo da documentación en televisión que é complicado, polo mesmo material có que hai que traballar. Son moitos aspectos que hai que ter en conta.
ResponderEliminarE bó si tiña ben a URL do blog, e queda tamén neste comentario patente.