Nesta
entrada analizarei o texto escrito polo profesor da Universidade de
Valladolid, Carlos Moreno Hernández, que leva por
título "Literatura,
traducción y documentación en el medio hipertextual".
Para comezar, o autor desmonta a idea de que ferramentas como o hipertexto, ou o hardware, son modernas, situándoas no comezo da propia escritura. En concreto, localiza o emprego do hipertexto dende a biblioteca de Alejandría, e o hardware dende 1598.
De
seguido, data a experiencia de xerar textos mediante ordenador por
vez primeira en 1954, en Canadá, mentres que dous décadas despois
xa se comeza a empregar a literatura asistida en EE.UU, desenvolvida
posteriormente por grupos como Ouvroir
de Littérature Potentielle (OULIPO), fundado por Raymond
Queneau e François Le Lionnais.
Tras
esta introdución, Carlos Moreno fálanos dos programas
hipertextuales, é dicir, aqueles que (Carlos Moreno, 1997) "enlazan
os textos mediando vínculos ou nudos -marcas subliñados en palabras
e frases- que poden irse variando a medida que os textos tamén
varían". O enlace, tal como afirma o autor, contén todo tipo
de información, incluso sonora ou gráfica, de xeito que podemos
acceder a todo tipo de contidos que nos permitirán construir unha
peza amplia e completa.
Chegados
a este punto, cabe preguntarse que camiño tomará a literatura nun
futuro, tras unha evolución constante que vai en aumento. Internet é
un dos puntos fundamentais de dita evolución, que consegue fomentar
o papel de sistema hipermediático que desenvolve a literatura.
Morenocontinúa
falando da chamada narrativa hipertextual, así como doutros
conceptos como a hiperficción constructiva ou a hiperficción
explorativa.
Tras
isto, surxe unha nova reflexión: o libro impreso. O autor cuestiona
o futuro da literatura lineal impresa, e plantexa diferentes
posibilidades. Isto da pé ao asunto da traducción, como forma de
relacionar textos e contextos. Fai un repaso pola historia da
traducción, dende Descartes ata a traducción automática e a
tradución asistida por ordenador.
E
de novo reaparece a palabra ordenador, que actúa como pilar
fundamental extrapolando a tradición da creación, tradución e
relación de textos ás novas tecnoloxías.
A
raiz desta cuestión fálanos o editor André Schiffrin nesta
entrevista publicada no xornal ABC, derivando tamén cara o futuro da
prensa escrita: Schiffrin, André. "Quizá, el futuro del libro
impreso esté en manos de las pequeñas editoriales" [en
liña].abc.es, 08
de abril de 2011.
<http://www.abc.es/20110408/cultura-libros/abcm-quiza-futuro-libro-impreso-201104081505.html> [Consulta 27 de novembro de 2012]
No hay comentarios:
Publicar un comentario